Presupuestos a medida

Servizos de fontanería en Santiago de Compostela

Adaptámonos ás súas necesidades

Un dos servizos máis demandados a Insteco en Santiago de Compostela son os traballos de instalación e mantemento de todo tipo de sistemas de fontanería. Na nosa empresa traballamos tanto en obra nova como en reformas, en vivendas unifamiliares, edificios, locais comerciais, naves industriais...

Os profesionais de Insteco contamos con moitos anos de experiencia no sector da fontanería polo que podemos garantir a calidade dos nosos servizos e asesorar aos clientes para atopar a solución máis adaptada segundo as súas necesidades.

Dependendo do tipo de cliente, empresa, particular ou comunidade de veciños, e do lugar no que imos traballar, adaptarémonos para realizar o mellor servizo de instalación e mantemento de fontanería.

Que tipo de traballos realizamos?

Os profesionais de Insteco ofrecemos aos nosos clientes un servizo integral dentro do sector da fontanería. Desta maneira dedicámonos tanto á realización de instalacións novas como á reparación de sistemas de fontanería xa realizadas ou ao servizo de mantemento das mesmas.

Dentro dos traballos que realizamos podemos destacar:

  • Instalación completa de baños e cociñas (incluíndo a reforma íntegra)
  • Cambio de tubaxes
  • Reparación de tubaxes
  • Traballos de mantemento para tubaxes

Reforma integral de cociñas e baños

Dentro dos servizos de fontanería que ofrecemos en Insteco en Santiago de Compostela tamén ofrecemos a reforma integral de baños e cociñas.

Desta maneira, dentro dos traballos eliminamos toda a louza, mobiliario e tubaxes vellas e instalamos o novo sistema de tubaxes, de louza e de griferías.

Saber máis

Materiais de primeira calidade

En todos os traballos e servizos que realizamos en Insteco traballamos unicamente con materiais de primeira calidade.

Por esta razón e por contar con profesionais con gran experiencia no sector, podemos garantir a calidade, durabilidade e funcionalidade de todos e cada un dos servizos, obras e traballos que realizamos.

Fontanería

Calefacción

Enerxías renovables

Climatización

Electricidade

Contactar

Contacte cos profesionais de Insteco en Santiago

Se quere máis información sobre algún dos traballos que realizamos en Insteco ou lle gustaría solicitar un orzamento a medida para un traballo de fontanería, climatización, electricidade ou calefacción, pode poñerse en contacto cos nosos profesionais en Santiago. Esperámoslle!

Contactar