Presupuestos a medida

Electricistas de confianza en Santiago de Compostela

Expertos electricistas

Insteco está formada por un persoal multidisciplinar na que atopamos expertos instaladores de sistemas de calefacción, fontaneiros, especialistas en enerxías renovables e sistemas de climatización e electricistas. Grazas a esta variedade de profesionais e á experiencia de cada un deles podemos garantir a calidade de todos os servizos, traballos e obras que realizamos.

Desta maneira, un dos servizos máis demandados a Insteco en Santiago de Compostela, é a instalación, reparación e mantemento de todo tipo de sistemas eléctricos.

Como ocorre no resto de servizos e obras que realizamos, todos os traballos de electricidade realizámolos tanto a clientes particulares como a empresas ou comunidades de propietarios.

Instalacións novas e reparación de sistemas eléctricos

Grazas á experiencia no sector dos profesionais electricistas que formamos Insteco podemos ofrecer aos nosos clientes servizo tanto en instalacións novas como en reformas ou avarías.

Desta maneira ofrecemos os nosos servizos a todos aqueles que están a construír unha nova casa e necesitan contar con electricistas de confianza para conformar a instalación eléctrica da nova vivenda e tamén, aos clientes que necesiten mantemento dos seus sistemas eléctricos ou reparar algún tipo de avaría nos mesmos.

Garantía de calidade

Son moitas as razóns polas que desde Insteco podemos garantir a calidade de todos os traballos que realizamos, tanto a instalación como a reparación ou mantemento de sistemas eléctricos:

  • Profesionais altamente cualificados
  • Gran experiencia no sector
  • Materiais de primeira calidade
  • Tecnoloxía avanzada e innovadora
  • Rápidos, efectivos e seguros
  • Asesoramento personalizado
  • Obras e instalacións a medida
  • Persoal multidisciplinar

Fontanería

Calefacción

Enerxías renovables

Climatización

Electricidade

Contactar

¿Necesita cambiar la instalación eléctrica de su vivienda? ¿Tiene una avería en su vivienda? ¡Llámenos!