Presupuestos a medida

Expertos en instalacións de enerxías renovables en Santiago de Compostela

Aforra respectando o medioambiente

O aforro é algo fundamental para as empresas e os particulares, do mesmo xeito que é importante o poder dispoñer de calefacción nunha vivenda, oficina, local... Por iso, en Insteco, en Santiago de Compostela, propoñémoslle a utilización de enerxías renovables para o funcionamento da súa calefacción e auga quente.

Ofrecémoslles tres sistemas de enerxías renovables que lle achegarán a calor e auga quente que necesita con un aforro importante sobre os sistemas tradicionais de calefacción:

Enerxía solar

É aquela que quenta a auga coa enerxía da radiación solar. Consiste en que os raios do sol radian sobre superficies tratadas para que absorban a máxima enerxía.

Esta é transmitida ao fluído de traballo que ao circular quenta os radiadores ou o chan radiante, quentando a estancia á que é transmitida. Ademais, pode ser utilizada para quentar a auga de piscinas.

É unha enerxía limpa e segura. Este sistema de enerxía pódese instalar tanto en novas construcións como en edificios xa construídos.

Biomasa

Consiste no aproveitamento de residuos vexetais para a produción de enerxía a través da súa combustión, e así xerar calor.

A instalación de sistemas de calefacción por biomasa é moi utilizado na actualidade, debido a que pode supoñer un aforro dun 50% con respecto a outros sistemas como o gas ou o gasoil. Ademais de seguro e limpo para o medio ambiente.

O combustible da caldeira son pequenos pellets que a caldeira vai consumindo de maneira progresiva para manter a temperatura, a unha vivenda de modo limpo e sen contaminar. Este sistema pódese instalar tanto en vivendas ou construcións novas como nas xa construídas.

Xeotérmica

Prodúcese grazas á temperatura existente no interior da terra, que grazas a unha bomba de calor xeotérmica transfórmase en enerxía para a produción de auga quente, calefacción e mesmo refrixeración.

A enerxía xeotérmica pódese usar tanto en edificacións grandes que requiran gran cantidade de enerxía para quentar como bloques de vivendas, oficinas, hospitais, hoteis... así como para construcións con menos consumo, como poden ser as vivendas unifamiliares, casas de campo e chalés. Tamén se pode instalar en locais xa construídos.

Fontanería

Calefacción

Enerxías renovables

Climatización

Electricidade

Contactar

Coñece todas as vantaxes das enerxías renovables

Os profesionais de Insteco ofrecemos aos nosos clientes un asesoramento personalizado para explicarlles todas as vantaxes que teñen as diferentes enerxías renovables coas que traballamos.

Contacte cos nosos profesionais, resolveremos todas as súas dúbidas.