E. Renovables | INSTECO | Fontaneros y electricistas en Ames - A Coruña

Enerxías Renovables en Santiago de Compostela

O aforro é algo fundamental para as empresas e os particulares, do mesmo xeito que é importante o poder dispoñer de calefacción nunha vivenda, oficina, local, etc. Por iso, en INSTECO propoñémoslle a utilización de enerxías renovables para o funcionamento da súa calefacción e auga quente.

Ofrecémoslles tres sistemas de enerxías renovables que lle achegarán a calor e auga quente que necesita cun aforro importante sobre os sistemas tradicionais de calefacción:

» A enerxía solar

É aquela que quenta a auga coa enerxía da radiación solar. Consiste en que os raios do sol radian sobre superficies tratadas para que absorban a máxima enerxía. Esta é transmitida ao fluído de traballo que ao circular quenta os radiadores ou o chan radiante, quentando a estancia á que é transmitida. Ademais, tamén pode ser utilizada para quentar a auga de piscinas.

É unha enerxía limpa e segura. Este sistema de enerxía pódese instalar tanto en novas construcións como en edificios xa construídos.

» A biomasa

Consiste no aproveitamento de residuos vexetais para a produción de enerxía a través da súa combustión, e así xerar calor.

A instalación de sistemas de calefacción por biomasa é moi utilizado na actualidade, posto que pode supoñer un aforro dun 50% con respecto a outros sistemas como o gas ou o gasoil, ademais de ser seguro e limpo para o medio ambiente.

O combustible da caldeira son pequenos pellets que a caldeira vai consumindo de maneira progresiva para manter a temperatura da vivenda de modo limpo e sen contaminar.

Este sistema pódese instalar tanto en vivendas ou construcións novas como nas xa construídas.

» A enerxía xeotérmica

Prodúcese grazas á temperatura existente no interior da terra, que grazas a unha bomba de calor xeotérmica transfórmase en enerxía para a produción de auga quente, calefacción e mesmo refrixeración.

A enerxía xeotérmica pódese usar tanto en edificacións grandes que requiran gran cantidade de enerxía para quentar como bloques de vivendas, oficinas, hospitais, hoteis... así como para construcións con menos consumo, como poden ser as vivendas unifamiliares, casas de campo e chalés. Tamén se pode instalar en locais xa construídos.