Calefacción | INSTECO | Fontaneros y electricistas en Ames - A Coruña

Calefacción en Santiago de Compostela

En INSTECO sabemos que a instalación de calefacción farase de maneira diferente dependendo do lugar onde se leve a cabo, vivenda, local ou oficina. Por iso realizaremos un estudo para ofrecerlle o mellor proxecto, de maneira totalmente persoalizada.

Facemos instalacións de calefacción, que poden ser por chan radiante ou radiadores. Ambos son válidos para os sistemas de electricidade, caldeiras ou o aproveitamento das enerxías renovables: solar-térmica, xeotérmica ou de biomasa.

O chan radiante é eficiente e económico para quentar a casa. Consiste nunha tubaxe encaixada na capa de morteiro que está no chan da vivenda ou local a quentar. Esta tubaxe conduce auga quente producida xeralmente por unha caldeira, que a distribúe polo sistema de chan radiante e que quenta o chan de todo o local e por tanto toda a estancia de igual modo. É adaptable a calquera tipo de fonte de calor e a calquera pavimento, e está recomendado pola Organización Mundial de la Salud, xa que non levanta os ácaros do po nin microorganismos, e non provoca que se seque o aire nin as mucosas nasais.

En INSTECO tamén instalamos todo tipo de radiadores para a distribución da calor xerada pola caldeira, así como a instalación desta, as tubaxes e todo o necesario para o funcionamento da calefacción. Contamos cun amplo catálogo de radiadores entre os que poderá elixir os que desexa.

Póñase en contacto e facilitarémoslle presuposto sen compromiso